O goberno municipal presidido pola alcaldesa Diana Piñeiro inicio unha rolda de contactos coas asociacións co obxetivo de dotar a todas elas dun local social axeitado para realizar as súas actividades asociativas, neste contexto adxudicáronse xa dous locais públicos, un destinado a Asociación de Amas de Casa que se lles cedeu un novo local máis axeitado á súa actividade e o outro local a Asociación de Pin Pon, este último pintouse e preparouse tal e como solicitaron os compoñentes desta asociación.
A actividade do Pin Pon viña desenvolvendose no local social da Asociación de Veciños de Anceis que á súa vez precisaban o espazo para comezar a facer novas actividades.
Todos os locais que se entregan as asociacións quedan cedidos e legalizados para as actividades propias das asociacións que o soliciten.
Con respecto ao local social da agrupación de voluntariados cómpre decir que o que a presidenta desta agrupación denuncia que se entrou nel sen autorización, aclarar que non ten cedido legalmente ningún local público no Concello de Cambre, e a entrada da Concelleira de Asuntos Sociais a inspeccionar as instalcións forma parte do seu traballo, efectuandoo coa fin de facer un inventario do estado das instalacións, comprobando na inspección do mesmo que non se realizaba ningún tipo de actividade nel e que se adicaba máis que nada a almacén.
A Alcaldesa Diana Piñeiro lamenta as declaracións efectuadas nos medios de comunicación omitindo a verdade e con ánimo de desprestixiar o traballo do goberno municipal, o único que persigue o Goberno de Cambre e a regularización e mellora de todos os locais socias do Concello para facilitar a labor dar asociacións e sempre en beneficio dos veciños.
Cambre, 4 de outubro de 2025
A Alcaldesa de Cambre
Diana Piñeiro