Clausura dos campamentos urbanos de Cambre, que contaron con máis de 400 participantes ao longo do verán

31 Ago 2022

  • O programa celebrouse no CEIP Wenceslao Fernández Flórez entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, ao longo de catro quendas.
  • Miguel Ángel Gutiérrez fixo hoxe entrega dos diplomas aos participantes e explicou que “este tipo de iniciativas reafirman a aposta do Concello polo fomento da conciliación”.

Hoxe, mércores 31 de agosto, clausuráronse os campamentos urbanos do Concello de Cambre, unha iniciativa creada para favorecer a conciliación das familias durante o verán e que contou con máis de 400 participantes.

 

Os nenos e nenas puideron estar no recinto desde as 7.30 ata as 16.30 horas, favorecendo así a conciliación das familias participantes. Os usuarios e usuarias dispuxeron de servizo de Mañanceiro, xantar, comida e transporte.

 

O programa celebrouse no CEIP Wenceslao Fernández Flórez entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, ao longo de catro quendas. As actividades estaban dirixidas a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación Infantil, de toda Primaria e de 1º da ESO.

 

O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, asistiu hoxe ao acto de entrega de diplomas e explicou que “este tipo de iniciativas reafirman a aposta do Concello e da Concellería polo fomento da conciliación da vida laboral e familiar durante os períodos vacacionais dos nenos e nenas, un obxectivo que cumprimos co programa de Obradoiros de Semana Santa ou coas actividades que se puxeron en Nadal ou en Entroido”.

 

Durante o programa, os nenos e nenas fixeron actividades lúdico-deportivas e culturais e un módulo de igualdade. Con respecto a outras edicións, o Concello impartiu, en colaboración con COGAMI e COCEMFE, un taller formativo sobre campamentos inclusivos para o monitorado. Esta acción realizouse co fin de promover a inclusión das persoas con diversidade funcional.

    Tamén che pode interesar

    Resumen de privacidad

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.