Os servizos asistencias Coidados porta a porta achegaranse ata Cambre os días 22, 23, 24 e 27 de novembro, en horario de 9.00 a 20.00 horas.
Todas as persoas maiores de 55 anos poderán beneficiarse desta inciativa, onde se lles brindará asistencia en podoloxía, audioloxía e estimulación de memoria.
Para participar neste proxecto é preciso inscribirse previamente a través das seguintes canles:
- Teléfono: 622 748 283
- Teléfono: 623 546 992
- Email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
