O Concello de Cambre publica toda a información relativa á convocatoria das bolsas de estudo para o curso escolar 2023/2024.
O prazo de solicitudes estará aberto do 16 ao 2 de decembro de 2024 (ambos inclusive).
ACLARACIÓN DAS DATAS DE EMISIÓN DAS FACTURAS XUSTIFICATIVAS PARA AS BOLSAS DE ESTUDO 2023/2024
Teranse en conta as facturas xustificativas dos gastos realizados correspondentes ao curso escolar 2023/2024 que teñan como data límite de emisión o pasado 21 de xuño de 2024 (data de finalización das actividades lectivas do curso escolar 2023/2024), xa que o obxecto das bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Cambre para a concesión de axudas económicas, bolsas de estudo para o curso escolar 2023/2024 (base primeira das bases da convocatoria).
Polo tanto, serán válidas as facturas emitidas entre o 22 de xuño de 2023 e o 21 de xuño de 2024.
Solicitude de bolsas de estudo 2023/2024