O Concello de Cambre convoca aos grupos locais de música rock a unha reunión informativa sobre a Batalla de Bandas Locais 2026, da que sairán as formacións que actuarán no festival Rock in Cambre.
A reunión está dirixida a todas aquelas bandas do municipio interesadas en participar nesta iniciativa, na que se darán a coñecer os detalles do proceso, os requisitos e o funcionamento da convocatoria.
A xuntanza terá lugar o vindeiro luns 23 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cambre.
