Convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2022

31 Mar 2023

Concello de Cambre publica toda a información relativa á convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2022.

Obxecto da subvención

O obxecto da presente convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas, educativas, e festivas, así como na dotación de equipamentos que lles resulten necesarios, realizadas no ano 2022.

Prazo de solicitude

O prazo para presentar solicitudes finalizará o 21 de abril de 2023.

As solicitudes de subvención deberán realizarse de maneira telemática a través da Sede electrónica do Concello de Cambre (sede.cambre.es).

As entidades deberán presentar unha solicitude xeral na que achegarán o formulario normalizado que se pode descargar da páxina web do Concello de Cambre.

Bases reguladoras

A publicación das bases realizouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 245, do 28 de decembro de 2022. Aprobada a súa modificación en acordo do Pleno da corporación do 26 de xaneiro de 2023, esta publicouse no Boletín Oficial da Provincia do Coruña núm. 57, do 23 de marzo de 2023.

Bases refundidas

BOP extracto

Formulario solicitude

Recomendacións xustificación suvbención

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.