Convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2023

21 Mar 2024

Concello de Cambre publica toda a información relativa á convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2023.

Obxecto da subvención

O obxecto da presente convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas, educativas, e festivas, así como na dotación de equipamentos que lles resulten necesarios, realizadas no ano 2023.

Prazo de solicitude

O prazo para presentar solicitudes será do 22 de marzo ao 15 de abril de 2024.

As solicitudes de subvención deberán realizarse de maneira telemática a través da Sede electrónica do Concello de Cambre.

As entidades deberán presentar unha solicitude xeral na que achegarán o formulario normalizado que se pode descargar da páxina web do Concello de Cambre.

Bases reguladoras

A publicación das bases realizouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 48, do 7 de marzo de 2024.

Anexos

BOP Bases

BOP extracto

Formulario solicitude

Cartel promoción subvención

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.