Diana Piñeiro destaca a colaboración entre administracións como clave para mellorar a AC-214 ao seu paso por Cambre

24 Mar 2026

A alcaldesa acompañou hoxe á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e á directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas na provincia da Coruña, Begoña Freire, na visita á actuación.

Diana Piñeiro, puxo en valor a colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia como elemento fundamental para facer posible a mellora da estrada AC-214 ao seu paso polo municipio.
Piñeiro acompañou esta mañá á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na visita aos traballos de reforzo do firme nesta vía autonómica, na que tamén participou a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas na provincia da Coruña, Begoña Freire.

Durante a visita, a alcaldesa destacou que a cooperación institucional permite dar resposta ás necesidades reais da veciñanza, mellorando infraestruturas clave para o día a día do municipio.

Os traballos na AC-214 en Cambre esténdense en varios treitos ao longo de 5,6 quilómetros e supoñen un investimento de algo máis de 600.000 euros, contribuíndo a mellorar a seguridade e a comodidade da circulación nunha das principais vías de comunicación da contorna.

A actuación enmárcase nun proxecto conxunto impulsado pola Xunta de Galicia para actuar en varias estradas autonómicas ao seu paso por distintos concellos da provincia, cun investimento global de 3,3 millóns de euros.

Diana Piñeiro sinalou que “a colaboración entre administracións é fundamental para avanzar na mellora das infraestruturas e garantir servizos de calidade á cidadanía, especialmente en ámbitos tan relevantes como a seguridade viaria”.

Neste sentido, incidiu en que este tipo de actuacións “demostran que o traballo coordinado permite optimizar recursos e dar unha resposta máis eficaz ás demandas da veciñanza”.
A alcaldesa reiterou o compromiso do Concello de Cambre de seguir reforzando a cooperación institucional coa Xunta de Galicia para continuar mellorando as infraestruturas e a calidade de vida da veciñanza.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.