O Concello atenderá as demandas da comunidade educativa coa renovación dos parques dos CEIP Wenceslao e Graxal

15 Dec 2022

O Concello satisfará as demandas das comunidades educativas dos CEIPs Wenceslao Fernández Flórez e Graxal coa próxima renovación dos parques infantís de ambos os centros de ensino. O proxecto, valorado en 41.807,31 euros, acaba de saír a licitación, e supoñerá a mellora de ambos os recintos de xogo.

O parque infantil do Wenceslao está dividido en dúas zonas cun firme de caucho. Actualmente, o pavimento da zona máis próxima ao pavillón atópase en moi mal estado, presentando fochancas e mesmo partes do chan sen adherencia e soltas. A maiores, detectáronse danos nalgunhas das estruturas de xogo, así como na pintura dos mesmos. Neste caso, as obras supoñerán a reparación dos xogos existentes, o arranxo do firme mediante pavimento continuo de caucho para a absorción de impactos e a renovación dos xogos tradicionais que se atopan no pavimento (tres en raia, twister, parchís, brilé), limpando, para iso, o pavimento con auga a presión e posterior marcaxe dos xogos.

No caso do CEIP Graxal, o pavimento é de caucho con lousas e nel sitúanse tres xogos (dous bambáns e un tobogán). O Concello expón unha mellora estética e funcional, o que supoñerá a eliminación destas lousas e o seu cambio por céspede sintético de seguridade. O recinto conta, ademais, cun xogo tipo casiña que o Concello restaurará. En particular, realizaranse os seguintes traballos: reparación dos xogos existentes nas dúas zonas para a súa posta a punto, cambio dos chans danados e das pezas deterioradas, reformulo dos xogos, marcaxe, reparación dos xogos do pavimento e subministración e instalación de tres elementos de xogos para nenos e nenas de entre 2 e 6 anos: balancín para catro usuarios, balancín para un e mesita recreativa para catro pequenos e pequenas.

Os traballos contan cun prazo de execución de dous meses a partir da data da firma da acta de comprobación do reformulo.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.