O Entroido, gran protagonista do mes na programación das casas da xuventude

30 Xan 2023

O Entroido será o gran protagonista do programa de actividades do mes de febreiro nas casas da mocidade: Casa Arrigada e Casa Palmeiras. A primeira proposta será o venres, 10 de febreiro en Palmeiras (18.00 horas), e consistirá nun taller de preparación do Entroido co que as persoas participantes poderán ultimar a decoración e ambientación das festas e, ademais, deseñar os complementos para os seus disfraces. Casa Arrigada acollerá, o 24 de febreiro (18.00 horas), outra iniciativa similar para que os mozos poidan dar os últimos retoques ás súas creacións para a celebración do Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo de Cambre.

A programación mensual incluirá tamén propostas vinculadas con outras temáticas. O día 3 terá lugar a instalación de niños de aves e morcegos en Casa Arrigada (ás 18.00 horas). Ese mesmo día, tamén ás 18.00 horas, Casa Palmeiras celebrará un taller de fotografía no que os usuarios e usuarias poderán aprender a sacar instantáneas facendo uso de o light painting (pintura con luz ou fisiograma). Trátase dun método que consiste en capturar unha fonte de luz en movemento nunha contorna con pouca iluminación. A sesión estará impartida por Verónica, unha nova afeccionada á fotografía que ensinará aos participantes para aplicar esta técnica, non só con cámaras reflex, senón tamén con calquera teléfono móbil.

Casa Arrigada vivirá o venres, 10 de febreiro ás 18.00 horas, a Festa Internacional Cambre-París do IES Afonso X O Sabio. Trátase dunha cita que leva a cabo aproveitando o intercambio que o instituto cambrés está a realizar cun centro de París (Francia). A última proposta do mes en Casa Palmeiras será o venres, 24 de febreiro ás 18.00 horas, coa realización dunha quedada de xogos de mesa.

As persoas interesadas en participar nas diferentes actividades poden inscribirse en omix.cambre.es. Para máis información, teñen á súa disposición os teléfonos 981 61 31 70 -Casa Arrigada- ou ao 981 65 02 69 -Casa Palmeiras-.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.