Enraizado no presente, o mural do artista Huariu, nomeado como un dos mellores de agosto na plataforma Street Art Cities

1 Set 2022

Fendetestas, o mural que o artista Mon Devane realizou en Cambre, acaba de converterse no mellor do mundo do mes de xullo segundo a plataforma Street Art Cities. Agora, a obra doutro dos muralistas do último Cromático Mural Fest podería conseguir tamén o título, converténdose así na mellor de agosto. Trátase de Enraizado no presente, do artista portugués Huariu. O alcalde, Óscar García Patiño, sinala “o enorme orgullo que supón para o Concello esta nova selección, que chega tras o éxito acadado por Mon Devane fai só uns días”. O rexedor espera que a obra de Huariu, situada en rúa O Balado, corra a mesma sorte que o Fendetestas e, para iso, anima a toda a cidadanía a apoiar esta candidatura co seu voto.

A creación de Huariu opta a este recoñecemento despois de superar dúas fases previas. En primeiro lugar, e grazas ao labor dos street art hunters (cazadores de arte urbana), a entidade fixo unha selección dun centenar de obras de entre preto de 1.000 cidades. A continuación, Street Art Cities publicitou as fotografías de cada un a través de redes sociais, sendo a propia audiencia a encargada de escoller aos 25 favoritos. Precisamente, a creación de Huariu alzouse como unha das máis populares e, agora, está seleccionada como finalista para ser a mellor do mes de agosto.

As persoas poderán votar polo mural de Cambre no formulario habilitado pola organización. O prazo para emitir votacións estará aberto ata o 7 de setembro.

A infancia, protagonista do mural

Tal e como o propio Huariu revelou nas súas redes, o mural apela á infancia. Nel, un neno mira a unha bolboreta que descansa sobre o seu ombreiro. Como indica o autor, trátase dunha escena cotiá que esconde unha pregunta clave: canta importancia lle damos a cada momento? Enraizado no presente fala, precisamente, da necesidade de prestar atención aos pequenos momentos que suceden ao noso ao redor.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.