Entroido Pequeno 2026

10 Feb 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro

O Concello de Cambre celebrará o Entroido Pequeno 2026 o vindeiro sábado 21 de febreiro, no Campo da Feira, cunha xornada festiva que combinará desfile, concurso de disfraces e actuacións musicais, consolidando esta cita como unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal.

Programación do Entroido Pequeno 2026

A xornada dará comezo pola tarde, coa celebración do desfile e do concurso de disfraces:

  • 16.30 horas · Desfile de carrozas e comparsas e concurso de disfraces, presentado por Noly, cantante da Orquestra Los Satélites, e amenizado por DJ Manry, que se encargará de poñer ritmo ao evento durante toda a tarde.

Xa pola noite, a festa continuará cunha destacada proposta musical:

Actuación musical a cargo de LOS INHUMANOS e da ORQUESTA LOS SATÉLITES, nun espectáculo aberto ao público que porá o broche final á celebración.

Concurso de disfraces, comparsas e carrozas

No marco do Entroido Pequeno 2026 celebrarase o concurso de disfraces, comparsas e carrozas, no que poderán participar persoas e agrupacións que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

O período de inscrición permanecerá aberto do mércores 11 ao mércores 18 de febreiro de 2026, ambos incluídos.

A inscrición formalizarase mediante a presentación da solicitude correspondente en calquera das oficinas de Rexistro Municipais ou a través da sede electrónica do Concello de Cambre (sede.cambre.es), sen prexuízo do disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para estes efectos, a data de inscrición que se terá en conta será a de entrada no Rexistro do Concello de Cambre.

Cada ficha de inscrición deberá presentarse de xeito individual, correspondendo cada asento no rexistro a unha única solicitude de participación, de acordo co establecido nas bases.

As bases reguladoras e as fichas de inscrición atópanse dispoñibles nesta mesma páxina para a súa consulta.

https://cambre.es/entroido-pequeno-2026

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.