Este finde teño plan

Dende  2013 

É un programa que ofrece unha opción de lecer para a fin de semana; pretende ser unha alternativa saudable, educativa, ideal para facer vida social e coñecer outra xente con gustos similares. 

Aquí hai todo tipo de actividades: de aventura, viaxes (o City plan), deportivas (como o finde de surf), naúticas, desfogue … 

Moitas das actividades que se ofertan son produto das ideas e suxestións da mocidade nas avaliacións continuas doutras actividades ou das propostas que facedes no finde xuvenil do ano anterior. 

No programa Este Finde Teño Plan (ETFP) unha das actividades máis demandada é o City Plan, unha viaxe para coñecer interesantes cidades (xa estivemos en Madrid, Barcelona, Bilbao, Vitoria, Porto e Lisboa). Tamén ten moito interese o finde de surf (para tomar contacto con este deporte ou perfeccionar as túas técnicas sobre a táboa) ou as partidas de Paintball. Outros anos fixemos actividades do tipo iniciación ao submarinismo, montar a cabalo ou rafting. Neste programa caben un sinfín de actividades mais. Escoitamos as túas propostas. 

Podes consultar as actividades previstas dos EFTP aquí  (omix.cambre.es)

CityPlan

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.