Cinema á Fresca “Matria”.

Descripción

This event has passed.

Cinema á Fresca “Matria”.

Chega a Cambre a segunda xornada do ciclo do Cinema á Fresca co drama 'Matria'. Nun pobo pesqueiro galego, a trama segue a vida de Ramona, unha muller traballadora que loita por manterse a flote e darlle un mellor futuro á súa filla. Lucía Catoira Pan, veciña de Cambre e directora de fotografía do filme, será a encargada de presentar a xornada a partir das 21:40 horas cun faladoiro sobre seu traballo en xeral, e sobre todo, en Matria. Sábado 13 de xullo, ás 22:00 horas, no parque de Igrexa.

Recinto