This event has passed.
Concerto do Grupo Tradicional de Sementeira en lembranza do Concurso de Anceis
25 de Xuño de 2023 11:45 - 13:00
O Grupo Tradicional de Sementeira Cambre Sementeira levará a cabo un concerto en lembranza ao Concurso de Anceis, un evento que a entidade organizaba na década dos 80.
Ademais de interpretar algunha das melodias que soaban naquela época, a agrupación presentará a proposta que levará ao Festival Intercéltico de Lorient. Así mesmo, no concerto intervirá tamén a Banda de Gaitas e Percusión María Soliña.
Será este domingo, 25 de xuño. As 11.45 horas terá lugar un desfile desde o Concello ata o teatro de Cambre e o concerto arrincará ás 12.00 horas.
