This event has passed.
Ponte en forma en Casa Arrigada
24 de Marzo de 2023 18:00 - 20:00
A programación da Oficina Municipal de Información Xuvenil para o mes de marzo inclúe a actividade Ponte en forma. A actividade levarase a cabo en Casa Arrigada o venres, 24 de marzo, a las 18.00 horas.
Ponte en forma é un grupo de adestramento persoal no que aprenderemos algunhas pautas para traballar nunha rutina de exercicio físico, un aspecto básico e esencial para a nosa saúde e benestar. Ademais, poderás compartir con outras persoas as túas aprendizaxes e logros.
As persoas interesadas poden anotarse a través da páxina web da OMIX.