VI Romaría Castrexo-Romana Galaicoi

Descripción

This event has passed.

VI Romaría Castrexo-Romana Galaicoi

Os castrexos e os romanos volverán á batalla. O enfrontamento entre os bandos será, un ano máis, a temática central da Galaicoi de Cambre, que chega á súa sexta edición. A Romaría Castrexo-Romana Galaicoi comezará este venres, 14 de xullo, e prolongarase ata o domingo, día 16. En canto ao horario, o venres será de 17.00 a 1.00 horas, o sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 1.00 horas e o domingo, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. O programa arrincará o venres, ás 17.00 horas, coa asemblea de clans. Este encontro dará paso á declaración da guerra e ao comezo das hostilidades entre os dous bandos (17.30 horas). Desde ese momento e ata o final, os bandos enfrontados encerellaranse en múltiples batallas ata que o domingo, 16 de xullo, cando asinarán o tratado de paz. O programa da romaría incluirá mercado con preto de medio centenar de postos, talleres, guerras e escaramuzas, desfiles, pasacalles e actividades de animación musical, concerto dos Festicultores Troupe (venres, 14, ás 23.00 horas) representacións teatrais etc. Programa Galaicoi 2023 Programa Galaicoi 2023

Recinto

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.