Charla informativa para o control da vespa velutina a cargo do experto Lolo Andrade

O salón de plenos do Concello de Cambre acollerá este sábado, ás 10.00 horas, unha charla informativa para o control da vespa velutina Lolo Andrade, experto na materia, será o encargado de impartir esta acción. Ao remate da actividade entregaráselle unha trampa aos asistentes. 

Representación da obra ‘Azotea’ por Cambre Theatro Amador

Os veciños e veciñas de Cambre poderán gozar de 'Azotea', representada pola compañía Cambre Theatro Amador. Será o domingo, 30 de abril, ás 19.00 horas no centro sociocultural da Barcala. A reserva de entradas pódese facer no 881 917 432 ou no 649 891 212 (o propio día do evento). A actividade lévase a cabo […]

Charla sobre a figura histórica de María Pita

A Biblioteca Central de Cambre acollerá o venres, 5 de maio, ás 19.00 horas unha conferencia sobre a figura histórica de María Pita, impartida polo escritor e historiador, Luis Gorrochategui, especialista na figura da desta revolucionaria muller. A actividade preséntase como unha oportunidade excepcional para coñecer máis sobre esta personaxe histórica.

Representación da obra ‘Fala, fala…’ no parque da Igrexa

O parque da Igrexa acollerá este domingo, 7 de maio, a representación teatral 'Fala, fala...' de Cía Contraproducción. Será ás 19.00 horas. A actividade, que se leva a cabo a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, está dirixida a público maior de 16 anos.

Concierto de A Banda da Loba

O grupo de música galega A Banda da Loba actuará en Cambre o sábado, 13 de maio. Será ás 20.00 horas no CEIP O Graxal e, durante o mesmo, a agrupación tocará temas do seu disco "Xabón Lagarta", entre outros. O concerto realízase dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Contacontos ‘Cacho animalada’ a cargo de Vero Rilo

Vero Rilo traerá a Cambre o seu contacontos 'Cacho animada'. A actividade, que se realiza dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, terá lugar o domingo, 11 de xuño, ás 18.00 horas. A actividade levarase a cabo no Parque da Igrexa. En caso de choiva, trasladarase á Biblioteca Central María Pita.  

Espectáculo “Show Máxico” de Cayetano Lledó

Cayetano Lledó aterrará en Cambre co seu espectáculo "Show Máxico". A actividade, encadrada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, celebrarase o sábado, 17 de xuño. Será ás 20.00 horas no Parque da Igrexa.

Concerto do Grupo Tradicional de Sementeira en lembranza do Concurso de Anceis

O Grupo Tradicional de Sementeira Cambre Sementeira levará a cabo un concerto en lembranza ao Concurso de Anceis, un evento que a entidade organizaba na década dos 80. Ademais de interpretar algunha das melodias que soaban naquela época, a agrupación presentará a proposta que levará ao Festival Intercéltico de Lorient. Así mesmo, no concerto intervirá […]

Conto musical ‘As aventuras de Jazzy e Blusy’

O Parque da Igrexa acollerá o venres, 30 de xuño, o conto musical 'As aventuras de Jazzy e Blusy'. A actividade realízase dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Será ás 20.00 horas no Parque da Igrexa. As persoas interesadas poderán chamar ao 981 613 193 ou ao 649 891 212 o propio día […]

Concerto Extraordinario da Banda de Música Sementeira Cambre

O auditorio do Parque da Igrexa acollerá o Concerto Extraordinario da Banda de Música Sementeira Cambre. Consistirá nunha preparación para o XXII Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda. A cita terá lugar o domingo, 2 de xullo, ás 19.00 horas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.