Concerto extraordinario de San Xoán

Parque da Igrexa

Adhara & Ritman darán un concerto extraordinario de San Xoán en Cambre. O proxecto dos dous artistas está baseado nas raíces folk galegas, que se mesturarán con outros estilos como o blues, o reggae e o swing, entre outros. O sábado, 22 de xuño, ás 22.00 horas no parque da Igrexa de Cambre. A actuación […]

Cinema á Fresca “Inspector Sun y la Maldición de la Viuda Negra”.

Parque da Igrexa de Cambre Rúa Adro, Nº 2, Cambre, A Coruña, Spain

Chega a Cambre a primeira xornada do ciclo Cinema á Fresca coa película de animación para todos os públicos 'Inspector Sun y la maldición de la viuda negra'. O mellor detective do mundo dos insectos deberá traballar cunha nova compañeira para resolver un asasinato abordo dun avión e salvar tanto o seu mundo como o […]

Cinema á Fresca “Matria”.

Parque da Igrexa de Cambre Rúa Adro, Nº 2, Cambre, A Coruña, Spain

Chega a Cambre a segunda xornada do ciclo do Cinema á Fresca co drama 'Matria'. Nun pobo pesqueiro galego, a trama segue a vida de Ramona, unha muller traballadora que loita por manterse a flote e darlle un mellor futuro á súa filla. Lucía Catoira Pan, veciña de Cambre e directora de fotografía do filme, […]

Rock Infantil venres

Colexio Portofaro

Volve o Rock Infantil do Concello de Cambre! Nesta xornada actuarán os grupos Mamá Cabra e The Music Patrol.    

Rock Infantil sábado

Parque da Igrexa

Volve o Rock Infantil do Concello de Cambre! Nesta xornada actuarán a Banda Xuvenil Sementeira Cambre, o DJ Manry, Julia B. T. e o Mago Teto co seu espectáculo 'Rock 'N' Magic'.

Concerto ‘A música da nosa historia’

Parque da Igrexa

Este sábado, 17 de agosto, a Coral Santa María de Cambre presenta 'A música da nosa historia", un concerto en directo con música dos 60's, 70's, 80's e 90's. Terá lugar ás 21:00 horas no anfiteatro do Parque da Igrexa onde a agrupación cambresa realizará un percorrido musical pola nosa historia

Cinema á Fresca ‘Lightyear’.

Paseo Marítimo Ría de O Burgo - Temple P.º Marítimo, Cambre, A Coruña, Spain

Unha nova xornada do Cinema á Fresca chegará ao Temple con 'Lightyear'. Nesta aclamada película de animación da saga 'Toy Story', seguiremos a historia de Buzz Lightyear, un astronauta na misión de conseguir volver á casa desde un planeta moi afastado. Sábado 24 de agosto, ás 22:00 horas, no paseo marítimo do Temple, onde a […]

Cinema á Fresca “Salta”.

Praza Casares Quiroga

A última xornada do Cine á Fresca péchase co filme 'Salta'. Unha película de humor e ciencia ficción para toda a familia na que seguiremos a historia de dous irmáns, Óscar e Teo, onde viaxarán a través do tempo. Domingo 25 de agosto, a las 21:00 horas, na Praza Casares Quiroga. Esta actividade lévase a […]

Cambre acolle o espectáculo multidisciplinar ‘Na Cerna do Son’

Parque da Igrexa de Cambre Rúa Adro, Nº 2, Cambre, A Coruña, Spain

Hoxe, venres 30 de agosto, aterra en Cambre o concerto multidisciplinar 'Na Cerna do Son' de Gallaecia Eventos. Unha viaxe ao corazón da música tradicional galega a través da mestura de diferentes disciplinas artísticas. Terá lugar a partir das 21:30 horas, no Auditorio Parque da Igrexa de Cambre.

I Torneo de Rápidas do Xadrez das Mariñas

Casa da Cultura Vila Concepción

A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá este sábado, 7 de setembro, o I Torneo de Rápidas do Xadrez das Mariñas. Dará comezo a partir das 17:00 horas e xogarase con sistema suízo a 5 roldas. Inscrición gratuíta a través do correo xdm@xadrecista.eu. Máis información do torneo na seguinte ligazón: Páxina web Xadrez das Mariñas. […]

Cambre sae á rúa para loitar contra o cancro

Casa das Palmeiras Rúa Temple 50, O Temple, A Coruña, Spain

O domingo, 8 de setembro, os veciños e veciñas de Cambre saen á rúa para loitar contra o cancro e apoiar a súa investigación. Farano a través dunha marcha solidaria promovida pola Asociación Española contra o Cancer. Terá un percorrido de 5 quilómetros e ten a súa saída prevista para as 11:00 horas, desde a […]

Proxección do documental ‘Manoliño Nguema’

Casa da Cultura Vila Concepción

O venres, 13 de setembro, Vila Concepción acollerá a proxección do documental 'Manoliño Nguema', de Antonio Grunfeld.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.