Actividade de repintado dos bancos de Casa das Palmeiras

A programación da Oficina Municipal de Información Xuvenil para o mes de marzo inclúe unha actividade de repintado dos bancos de Casa das Palmeiras. A actividade levarase a cabo en Casa das Palmeiras o venres, 31 de marzo, ás 18.00 horas. As persoas interesadas poden anotarse a través da páxina web da OMIX.

Exposición ‘Berces de vida. Un paseo polos bosques de España’

A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá, ata o 13 de maio, a exposición 'Berces de vida. Un paseo polos bosques de España'. Esta pode visitarse de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. Trátase dunha mostra solidaria que se […]

Charla informativa para o control da vespa velutina a cargo do experto Lolo Andrade

O salón de plenos do Concello de Cambre acollerá este sábado, ás 10.00 horas, unha charla informativa para o control da vespa velutina Lolo Andrade, experto na materia, será o encargado de impartir esta acción. Ao remate da actividade entregaráselle unha trampa aos asistentes. 

Representación da obra ‘Azotea’ por Cambre Theatro Amador

Os veciños e veciñas de Cambre poderán gozar de 'Azotea', representada pola compañía Cambre Theatro Amador. Será o domingo, 30 de abril, ás 19.00 horas no centro sociocultural da Barcala. A reserva de entradas pódese facer no 881 917 432 ou no 649 891 212 (o propio día do evento). A actividade lévase a cabo […]

Charla sobre a figura histórica de María Pita

A Biblioteca Central de Cambre acollerá o venres, 5 de maio, ás 19.00 horas unha conferencia sobre a figura histórica de María Pita, impartida polo escritor e historiador, Luis Gorrochategui, especialista na figura da desta revolucionaria muller. A actividade preséntase como unha oportunidade excepcional para coñecer máis sobre esta personaxe histórica.

Representación da obra ‘Fala, fala…’ no parque da Igrexa

O parque da Igrexa acollerá este domingo, 7 de maio, a representación teatral 'Fala, fala...' de Cía Contraproducción. Será ás 19.00 horas. A actividade, que se leva a cabo a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, está dirixida a público maior de 16 anos.

Concierto de A Banda da Loba

O grupo de música galega A Banda da Loba actuará en Cambre o sábado, 13 de maio. Será ás 20.00 horas no CEIP O Graxal e, durante o mesmo, a agrupación tocará temas do seu disco "Xabón Lagarta", entre outros. O concerto realízase dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Contacontos ‘Cacho animalada’ a cargo de Vero Rilo

Vero Rilo traerá a Cambre o seu contacontos 'Cacho animada'. A actividade, que se realiza dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, terá lugar o domingo, 11 de xuño, ás 18.00 horas. A actividade levarase a cabo no Parque da Igrexa. En caso de choiva, trasladarase á Biblioteca Central María Pita.  

Espectáculo “Show Máxico” de Cayetano Lledó

Cayetano Lledó aterrará en Cambre co seu espectáculo "Show Máxico". A actividade, encadrada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, celebrarase o sábado, 17 de xuño. Será ás 20.00 horas no Parque da Igrexa.

Concerto do Grupo Tradicional de Sementeira en lembranza do Concurso de Anceis

O Grupo Tradicional de Sementeira Cambre Sementeira levará a cabo un concerto en lembranza ao Concurso de Anceis, un evento que a entidade organizaba na década dos 80. Ademais de interpretar algunha das melodias que soaban naquela época, a agrupación presentará a proposta que levará ao Festival Intercéltico de Lorient. Así mesmo, no concerto intervirá […]

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.