Taller ‘Queres ser rockeiro? Crea o teu propio instrumento’ do programa do Rock in Cambre

Un dos pratos fortes do Rock in Cambre será, sen dúbida, a actuación dos grupos locais, galegos, nacionais e internacionais. Con todo, o programa do festival ofrecerá numerosas actividades pensadas, especialmente, para o público infantil. Por iso, os máis pequenos da casa poderán gozar do taller 'Queres ser rockeiro? Crea o teu propio instrumento'. Terá […]

Obradoiro de danza ‘Rock Miúdo’ da programación do Rock in Cambre

Un dos pratos fortes de o Rock in Cambre será, sen dúbida, a actuación dos grupos locais, galegos, nacionais e internacionais. Con todo, o programa do festival ofrecerá numerosas actividades pensadas, especialmente, para o público infantil. O festival pechará a súa programación infantil co taller de danza 'Rock miúdo' no local social Samosteiro. Terá lugar […]

II Rock Infantil

Parque da Igrexa

Este vernes, 11 de agosto, o Parque da Igrexa de Cambre acollerá a segunda edición do Rock Infantil. Unha cita musical, situada dentro do programa do Rock in Cambre. A partir das 18:30 horas as personas asistentes poderán gozar das actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, de Mamá Cabra (Gloria Mosquera e Diego […]

Open Science Cambre 2023

Os días 15, 16 e 17 de setembro Cambre convertirase no epicentro da divulgación científica da comarca coa VI Open Science Cambre 2023. Esta feira científica, organizada polo Concello e la Asociación Xuvenil XentD100cia, conta con numerosas actividades que se desenvolverán ao longo  das xornadas. Este ano, o evento reunirá arredor de 100 casetas, preto […]

Obradoiro de pizza da OMIX Cambre

Casa Arrigada

A OMIX Cambre organiza un obradoiro de elaboración de pizza. A actividade terá lugar o venres, 29 de setembro, de 18.00 a 20.00 horas en Casa Arrigada. As persoas interesadas poderán anotarse a través do formulario web.

Tarde de xadrez da OMIX Cambre

Casa das Palmeiras Rúa Temple 50, O Temple, A Coruña, Spain

A OMIX Cambre organiza unha tarde de xadrez. A actividade terá lugar o venres, 29 de setembro, de 18.00 a 20.00 horas en Casa das Palmeiras. As persoas interesadas poderán anotarse a través do formulario web.

Concerto de César de Centi no Parque da Igrexa

Parque da Igrexa

César de Centi traerá a súa música a Cambre. O artista estará acompañado por David Taboada ao piano e por outros convidados. O recital, que se leva a cabo dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, terá lugar este venres, 29 de setembro ás 21.00 horas no Parque da Igrexa.

Proxección do documental ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’

Casa da Cultura Vila Concepción

A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá o xoves, 5 de outubro, ás 20.30 horas a proxección do documental Cardoña fotos a 7 pesetas. Ademais da propia proxección, a actividade incluirá tamén un coloquio co director, Carlos Lorenzo. A entrada é libre e gratuíta.

Proxección da película Las niñas en Vila Concepción

Casa da Cultura Vila Concepción

Con motivo do Día do Cine Español, o Concello levará a cabo a proxección da película Las niñas. A cita terá lugar o venres, 6 de outubro, na Casa da Cultura Vila Concepción ás 20.30 horas. A película ambiéntase en Zaragoza no ano 1992. Celia, unha rapaza de 11 anos, padece a presión social por […]

Ciclo de teatro de outono, “Running Unha Suorenta”

Centro Sociocultural O Graxal

O Concello de Cambre pon en marcha o Ciclo de teatro de outono durante os meses de outubro e novembro no centro sociocultural do Graxal. O programa conta cunha oferta de seis representacións de balde. As persoas interesadas poderán reservar as súas entradas a través do teléfono 881 917 432 ou do 649 891 212 […]

Charla sobre as tradicións e orixes do Samaín co arqueólogo Tito Concheiro

Museo Arqueolóxico

Baixo o título Vivos e mortos no mundo atlántico. O día dous defuntos na cultura popular galega, o experto falará sobre esta celebración dividindo a charla-coloquio en dúas partes. Por unha banda, explicará os rituais que se adoitaban facer nos países da Europa atlántica e, polo outro, Concheiro tratará o caso concreto de Galicia (orixe, […]

Antón Ke chega ao centro sociocultural do Graxal con ‘A gaita galega’

Centro sociocultural do Graxal

Antón Ke aterrará no municipio co seu espectáculo 'A gaita galega'.   A actividade, que se leva a cabo a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña celebrarase este venres, 27 de outubro, ás 18.00 horas no centro sociocultural do Graxal.   A proposta está baseada na obra de Xoán Manuel Pintos e, durante a […]

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.