O Apalpador en Cambre
O Apalpador, a figura popular vinculada á tradición do Nadal en Galicia, vai percorrer nos vindeiros días as parroquias de Cambre, co fin de coñecer a toda a rapazada do concello, presentarse e transmitirlles a súa historia. As visitas, organizadas polo Concello, arrincarán o venres 20, e continuarán ata o 30 de decembro.