Faite oír! a actividad coa que os máis novos poderán trasladar as súas ideas para as casas da xuventude

13 Out 2023

Faite oír! Ese é o lema central dunha das próximas actividades da Oficina Municipal de Información Xuvenil -OMIX-. O obxectivo da iniciativa non é outro que involucrar aos máis novos na programación e funcionamiento das casas da xuventude. Para logralo, a OMIX organizará unha xornada de participación que se levará a cabo de forma simultánea tanto en Casa Arrigada como en Casa das Palmeiras.

Ao longo da iniciativa, os mozos e mozas poderán dar a súa opinión e facer propostas de mellora tanto sobre as actividades xuvenís que se realizan nas casas como sobre o funcionamiento destas instalacións.

O encontro terá lugar o venres, 20 de outubro de 18.00 a 20.00 horas. Os mozos que desexen participar terán que apuntarse previamente enchendo o formulario dispoñible na web da OMIX. Lonxe de ser unha acción puntual, o departamento pon en marcha, ano tras ano, diferentes medidas para coñecer a opinión dos seus usuarios e usuarias.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.