Faite oír! a campaña coa que os máis novos poderán trasladar as súas ideas para as casas da mocidade

30 Set 2022

Faite oír! Ese é o lema da campaña de participación cidadá da Oficina Municipal de Información Xuvenil –OMIX- do Concello de Cambre. O obxectivo da iniciativa, tal e como explica o concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, non é outro que “involucrar aos mozos e mozas para que fagan as súas achegas ao departamento de Xuventude. Queremos coñecer as súas opinións e as súas propostas para as dúas instalacións xuvenís, Casa Arrigada e Casa Palmeiras”.

A xornada de participación terá lugar o venres, 7 de outubro de 18.00 a 20.00 horas, tanto en Casa Arrigada como na Casa Palmeiras. Os mozos que desexen participar terán que apuntarse previamente enchendo o formulario dispoñible na web da OMIX. Poderán anotarse ata o propio día no que se celebrará a actividade. Lonxe de ser unha acción puntual, o departamento pon en marcha, ano tras ano, diferentes medidas para coñecer a opinión dos seus usuarios e usuarias.

Decidámolo Xuntos

Non só os máis novos poderán trasladar as súas ideas e proposicións ao Concello. De feito, a través do programa Decidámolo Xuntos, os veciños e veciñas de todas as idades poderán facer o propio, facendo chegar as súas ideas aos orzamentos de 2023.

O período de presentación estará aberto ata o 18 de outubro. As persoas interesadas poderán realizar as súas achegas telemáticamente a través da páxina web decidamoloxuntos.cambre.es. Así mesmo, os veciños e veciñas poderán encher o formulario correspondente e entregalo por algunha das seguintes vías: depositándoo nos buzóns dispoñibles nos centros sociais de cada parroquia, nos rexistros municipais ou enviándoo por correo electrónico á dirección decidamoloxuntos@cambre.org.

Unha vez pechado o prazo de presentación de propostas, procederase á avaliación das mesmas. A continuación, entre o 29 de outubro e o 7 de novembro, abrirase o período de votación das mesmas e determinarase que iniciativas incluiranse no documento orzamentario do Concello de Cambre.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.