Fendetestas, o mural de Mon Devane, elixido mellor mural do mundo do mes de xullo na plataforma Street Art Cities

17 Ago 2022

A obra do artista galego foi a única seleccionada de Galicia e unha das cinco de España.
Este galardón permitiralle optar a mellor mural do ano 2022.

Fendetestas, o mural que Mon Devane pintou en Sigrás dentro do Cromático Mural Fest do Concello de Cambre, foi elixido como o mellor mural do mundo do mes de xullo na plataforma global Street Art Cities, segundo publicou onte o portal nas súas redes sociais.

Na obra, única seleccionada de Galicia e unha das cinco de toda España, Mon Devane retratou ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán, converténdoo en Fendetestas, o personaxe de El Bosque Animado, de Wenceslao Fernández Flórez. Agora, este galardón permitiralle ser un dos candidatos a mellor mural do ano 2022.

O artista mostrouse “moi contento polo apoio de toda a xente que se molestou en votar e apoia o meu traballo, pero tamén moi contento polo Concello de Cambre que a través de iniciativas como o Cromático Mural Fest permítennos desenvolver a nosa obra e encántame que obteña este recoñecemento a nivel mundial”. “Espero que isto faga que gañe máis visibilidade o festival, o concello e o meu traballo”, subliñou.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, deu o parabén a Mon Devane e destacou “a sorte que temos de que esta obra forme parte do noso museo ao aire libre, é todo un orgullo para nós”. “Agora, por que non, imos a apoiar a Mon na súa candidatura a mellor mural do ano”, afirmou.

Tamén che pode interesar

Entroido Pequeno 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro O Concello de Cambre celebrará o Entroido...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.