Información de importancia con respecto ao prazo de solicitude das bolsas de estudo do Concello

26 Set 2022

Con respecto ao lanzamento da nova convocatoria das bolsas de estudo, desde o Concello de Cambre informámosvos do seguinte: 
  • Tal e como se recollía nas bases, o prazo de solicitude comezaba o luns, 26 de setembro.
  • Porén, por mor dunha alegación presentada por un dos grupos da corporación municipal, o prazo non se poderá abrir na data prevista.
  • O persoal do departamento de Educación está traballando xa na análise da alegación.
  • O Concello deberá elevar a alegación ao pleno para aceptala ou desestimala e para aprobar as bases das bolsas de estudo de xeito definitivo.
informarémosvos de calquera novidade con respecto a esta cuestión a través das canles de comunicación habituais. 

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.