A proba desenvolverase durante a mañá con carreiras para diferentes categorías e implicará cortes de tráfico, restricións de estacionamento e modificacións puntuais nos accesos a varias zonas do núcleo A proba desenvolverase durante a mañá con carreiras para diferentes categorías e implicará cortes de tráfico, restricións de estacionamento e modificacións puntuais nos accesos a varias zonas do núcleo de Cambre

O Concello de Cambre celebrará o 15 de agosto a XXXIII Carreira Popular do Concello de Cambre, unha das citas deportivas habituais do calendario municipal, cun programa de probas para diferentes categorías e idades.

A competición desenvolverase durante a mañá con percorridos adaptados ás distintas categorías, desde Mini ata sénior e máster, e con distancias comprendidas entre os 130 e os 7.300 metros.

Horarios, categorías e distancias

CategoríasCircuítoDistanciaHorario
Sub-14, Sub-16 e Sub-181 volta ao circuíto pequeno do río Mero3.500 m09:50 h
Sub-20, Sub-23, Sénior e Máster 1, 2, 3 e 41 volta ao circuíto grande do río Mero7.300 m10:00 h
Sub-121 volta700 m11:20 h
Sub-101 volta500 m11:30 h
Mini (2019 e posteriores)1 volta130 m11:40 h

As categorías Sub-14, Sub-16 e Sub-18 tomarán a saída ás 9:50 horas para completar o circuíto pequeno do río Mero, cunha distancia de 3.500 metros. Ás 10:00 horas comezará a proba de Sub-20, Sub-23, Sénior e Máster 1, 2, 3 e 4, cunha volta ao circuíto grande e unha distancia de 7.300 metros. A saída desta última proba realizarase antes de que as categorías anteriores completen o seu percorrido.

A continuación disputaranse as carreiras das categorías inferiores: Sub-12, ás 11:20 horas e sobre unha distancia de 700 metros; Sub-10, ás 11:30 horas e cun percorrido de 500 metros; e Mini, para participantes nacidos en 2019 e anos posteriores, ás 11:40 horas e cunha distancia de 130 metros.

Afeccións ao tráfico e ao estacionamento

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas participantes e facilitar o correcto desenvolvemento da proba, durante a mañá estableceranse cortes de tráfico, restricións de estacionamento e modificacións puntuais da circulación.

Desde as 8:00 horas cortarase a circulación:

  • Desde a zona do comedor ata a rotonda do pavillón Sofía Toro.
  • No acceso á contorna do Concello pola parte inferior de Casa Porto.

Tamén se instalará sinalización de prohibición de estacionamento nos seguintes puntos:

  • Desde a zona da Policía Local ata o pavillón Sofía Toro.
  • Na parada de autobús do Wenceslao.
  • Na costa da Arrigada, no lado esquerdo en sentido ascendente.
  • Na costa da Arrigada, no lado dereito desde a esquina de Trocalinguas ata o primeiro farol.

A estrada da Estación permanecerá cortada entre as 9:45 e as 10:15 horas. Durante o desenvolvemento da proba, recoméndase ás persoas residentes e usuarias dos garaxes das zonas afectadas que extremen as precaucións e sigan as indicacións do persoal colaborador.

Acceso aos garaxes da contorna do Concello

Na contorna do Concello produciranse tamén modificacións puntuais nos accesos aos garaxes durante a celebración da carreira.

Entre as 8:30 e as 12:30 horas, as persoas que precisen acceder aos garaxes afectados deberán facelo pola rúa de Correos e continuar pola estrada situada diante do colexio, que funcionará temporalmente en dobre sentido exclusivamente para facilitar a entrada e saída dos garaxes.

A estrada que conduce cara ao pavillón permanecerá cortada.

Ademais, entre as 11:30 e as 11:50 horas, a estrada de saída dos garaxes estará cortada en ambos os sentidos.

Noutras zonas afectadas polo percorrido, como os garaxes dos edificios da contorna do Museo e da Arrigada, a carreira desenvolverase entre as 8:30 e as 12:00 horas, polo que se solicita extremar as precaucións no caso de ser necesario entrar ou saír durante ese período.

Afeccións no paseo do río Mero

A celebración da Carreira Popular afectará tamén ao paseo do río Mero, que permanecerá ocupado entre as 9:45 e as 11:00 horas, desde a ponte de Sigrás ata a ponte de Cela, polas dúas marxes do río.

Por este motivo, recoméndase á veciñanza non facer uso deste tramo do paseo durante ese horario, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da competición e garantir a seguridade das persoas participantes e usuarias do paseo.

O Concello de Cambre agradece de antemán a colaboración e comprensión da veciñanza ante estas restricións temporais e solicita que se respecte a sinalización instalada e se sigan en todo momento as indicacións da Policía Local, do persoal da organización e das persoas colaboradoras.

A continuación poden consultarse os mapas cos percorridos das diferentes probas da XXXIII Carreira Popular do Concello de Cambre.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.