O Concello de Cambre publica toda a información relativa aos seus campamentos urbanos de verán 2024. O programa está dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Infantil, toda E. Primaria e 1º da ESO.
Realizaranse por quendas, de luns a venres (agás festivos):
- 1ª quenda: do 1 ao 12 de xullo de 2024 (10 días).
- 2ª quenda: do 15 ao 31 de xullo de 2024 (12 días), agás o 25 que é festivo.
- 3ª quenda: do 1 ao 14 de agosto de 2024 (10 días).
- 4ª quenda: do 19 ao 30 de agosto de 2024 (10 días).
As inscricións só poderanse entregar nos rexistros municipais do Concello e a través da sede electrónica. O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 23 de maio, ambos inclusive.
Información campamentos de verán 2024
Ficha de inscrición campamentos de verán 2024
Autorización renda campamento de verán 2024