Información relativa ás árbores do parque Ramón Barba

1 Ago 2023

Varios veciños e veciñas trasladáronnos dúbidas e consultas con respecto ás árbores do parque Ramón Barba. Desde o Concello de Cambre aclaramos o seguinte: 

  • Antes do inicio dos traballos, unha empresa especializada levou a cabo un estudo analizando todos os exemplares de árbores e arbustos que se atopan no parque.
  • Nese estudo outorgáronse cualificacións aos exemplares do parque: intocable, a manter, a substituír a medio prazo e exemplar a talar.
  • Á hora de decidir que exemplares se ían substituír ou talar tívose en conta o estado no que estes se atopaban. Deste xeito, observouse que algúns exemplares, fundamentalmente tuias, estaban en malas condicións e que mesmo presentaban afección fúnxica. Esta circunstancia podía ser un risco, non só para estes árbores, senón tamén para o resto.
  • Noutros casos, detectouse que algunhas árbores competían con outras, limitando o crecemento das segundas. Nesta situación, os expertos priorizaron as árbores que reunían un mellor estado e tamén unhas mellores características.
  • A maiores, había algúns exemplares que non permitían a creación de entradas de luz.
  • Aclaramos que no parque se colocarán novas árbores co suficiente porte para contar, a curto e medio prazo, con zonas de sombra.
  • A idea deste proxecto é revitalizar o parque Ramón Barba, consolidándoo como unha das zonas verdes máis importantes do municipio. Para conseguilo, dotarase o parque de árbores de folla perenne e non caduca.
  • Ademais de no propio recinto, o Concello colocará tamén árbores na contorna do parque infantil da Rúa Francisco Rodríguez. Todos estes traballos darán como resultado a creación dunha gran área verde, ampliando a que existe, na actualidade, no propio Ramón Barba.

Todos os veciños e veciñas poden consultar o estudo realizado pola empresa especializada.

 

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.