O Concello de Cambre publica toda a información relativa sobre a admisión ordinaria do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/2026.
O prazo de solicitude de admisión común será do 1 ao 20 de marzo de 2025. A solicitude deberase cubrir preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisión alumnado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemiento administrativo común.