O Concello de Cambre publica toda a información relativa ao programa de conciliación Mañanceiro para o curso 2024/2025.
A iniciativa levarase a cabo nos seguintes centros de ensino:
- Escola de Educación Infantil San Bartolomeu de Pravio
- CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás
- CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre
- CEIP Emilio González López de Brexo-Lema
- CEIP Portofaro
- CEIP Plurilingüe Graxal
O prazo de inscrición estará aberto desde o 19 de xuño ao 19 de xullo do 2024.