O Concello de Cambre publica o listado dos establecementos participantes no XV Concurso de Escaparates de Nadal. Un xurado encargarase de examinar as decoracións dos locais participantes e de determinar cales son os gañadores da presente edición. Tras a deliberación dos membros do xurado, adxudicaranse os diferentes premios aos traballos de decoración que obteñan unha mellor valoración.
O primeiro premio será de 1.000 euros, o segundo de 700 e o terceiro de 500 euros. Ademáis, haberá accésits á sostenibilidade e á adecuación do produto, dotados cada un deles con 400 euros.
O Concello mantén a modalidade de votación popular, cun premio para esta categoría de 1.000 euros. Ata o día 25 de decembro de 2023 ás 23.59 horas poderá votarse polo escaparate preferido a través da web do Concurso de Escaparates. Soamente se admitirá un voto por persoa rexistrada.
Relación establecementos do Concurso de Escaparates de Nadal