Los Zigarros encabezará o cartel do Rock in Cambre o venres e Burning fará o propio na segunda xornada

6 Ago 2022

Another Wasted Year, Leria, Inadaptados, The Peawees e Dakidarría actuarán o venres, día 12.

Os concertos de Stonewolf, Sin City Devils, Hemacaos, Agoraphobia, Zenzar e Miguel Costas están previstos para o sábado, día 13.

Tras dous anos de parón pola crise sanitaria da covid-19, a espera para vivir o XXX Rock in Cambre está a piques de terminar. O festival celebrarase o venres, 12 de agosto, e o sábado, día 13, ofrecendo ao público asistente un cartel con numerosos expoñentes do xénero: Los Zigarros, The Peawees, Dakidarría, Agoraphobia, Zenzar, Burning e Costas. A proposta de bandas xa fora anunciada no mes de xuño e, agora, o Concello avanza que día actuará cada grupo. Los Zigarros encabezará a xornada inaugural na noite do venres, mentres que Burning fará o propio o sábado.

A primeira xornada (venres, día 12 de agosto) do Rock in Cambre incluirá as seguintes actuacións: Another Wasted Year, Leria, Inadaptados, The Peawees, Los Zigarros e Dakidarría. Na segunda (sábado, 13 de agosto), subiranse ao escenario do festival Stonewolf, Sen City Devils, Hemacaos, Agoraphobia, Burning, Zenzar e Miguel Costas.

Os concertos terán lugar durante as madrugadas de venres a sábado e de sábado a domingo, entre as 19.00 e as 04.00 horas, aproximadamente. Os primeiros en actuar serán as bandas locais, que darán paso aos grupos Hemacaos e Inadaptados. A continuación, levarase a cabo as actuacións dos grupos procedentes do panorama rockeiro a nivel galego, nacional e internacional.

O vindeiro martes, día 9, está prevista a presentación oficial do XXX Rock in Cambre. O acto servirá para desvelar os horarios e todos os detalles da nova edición do festival. Así mesmo, darase a coñecer a imaxe do cartel de 2022, no que se modernizaron certos aspectos sen renunciar, iso si, á liña estética empregada ao longo destes trinta anos de historia.

 

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.