Máis de 250 veciños solicitaron xa cita para consultar o PXOM de Cambre

24 Xan 2023

Máis de 250 veciños e veciñas solicitaron xa cita para consultar o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cambre. Así o confirmou, esta mañá, o alcalde, Óscar García Patiño, lembrando que o prazo de exposición pública abriuse o pasado venres: “esta nova fase estará marcada pola participación cidadá, algo que consideramos fundamental para continuar enriquecendo este documento de planeamento, o máis importante para que Cambre continúe medrando”. O período de alegación estará aberto dous meses contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do PXOM pode consultarse tanto na páxina web como na propia Casa do Concello. Neste segundo caso, os veciños e veciñas poden achegarse a mirar os planos e os documentos ao salón de plenos ou, se o desexan, poden pedir cita para ser atendidos por persoal municipal. O expediente pode consultarse de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas. En caso de requirirse asistencia técnica, o horario de atención será de luns a venres de 10.00 a 13.30 horas.

Para pedir cita previa, os cambreses e cambresas dispoñen de tres vías:

  • O teléfono 981 61 31 28
  • A páxina web de cita previa (seleccionando o rexistro de Cambre, área de Urbanismo e o apartado específico do PXOM habilitado no tipo de cita)
  • Acudindo, presencialmente, á Casa do Concello

O período de exposición pública é un dos pasos previos da aprobación provisional do documento. Unha vez conclúa esta etapa, a empresa estudará todas as achegas formuladas polos veciños e veciñas e polas diferentes administracións e aplicará os cambios e axustes necesarios no plan para, a continuación, elevalo ao pleno para a súa aprobación provisional.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.