Mañanceiro 2025-2026

20 Xuñ 2025

O Concello de Cambre abre o prazo de inscrición no Programa Mañanceiro para o curso 2025-2026

O Concello de Cambre abre, do 23 de xuño ao 23 de xullo de 2025, o prazo de inscrición no Programa Mañanceiro, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación familiar e laboral das familias con escolares matriculados nos centros de Educación Infantil e Primaria do municipio.

O servizo, que se desenvolverá en días lectivos desde as 7:30 horas ata o inicio das clases, inclúe atención, vixilancia e, opcionalmente, almorzo. O programa terá lugar nos seguintes centros:

  • Escola de Educación Infantil San Bartolomeu de Pravio

  • CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás

  • CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre

  • CEIP Emilio González López de Brexo-Lema

  • CEIP Portofaro

  • CEIP Plurilingüe Graxal

A inscrición realizarase a través da sede electrónica ou nos Rexistros do Concello. O número mínimo e máximo de prazas variará segundo o centro e a demanda, cun máximo xeral de 26 escolares por centro.

As solicitudes recibidas no prazo serán valoradas segundo criterios socioeconómicos e familiares. O listado provisional publicarase o 22 de agosto. Ademais, poderanse presentar solicitudes fóra de prazo ao longo do curso, en caso de existir vacantes.

📞 Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Educación no 981 613 291 ou no correo electrónico educacion@cambre.org.

📄 Podes consultar toda a información detallada no documento anexo.

INFORMACIÓN MAÑANCEIRO 2025-2026
SOLICITUDE MAÑANCEIRO 2025-2026

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.