Manel Cráneo e Xavier Alcalá aterrarán en Vila Concepción para presentar Cinza

4 Abr 2024

Vila Concepción acollerá o vindeiro xoves, 11 de abril, a presentación de Cinza (2023), o cómic de Manel Cráneo baseado en  A nosa cinza, un dos grandes clásicos da literatura galega. A cita contará coa presenza do ilustrador e autor do cómic, Manel Cráneo, e do escritor da obra orixinal, Xavier Alcalá.
Xavier Alcalá publicou A nosa cinza no ano 1980. Máis de corenta anos despois, no 2023, Cráneo decidiu adaptar esta novela e convertela en viñeta. Cinza conta a vida de Xoán, un mozo criado durante a ditadura, orfo de nai, fillo de médico e de familia galeguista. A historia narra o paso do protagonista desde a infancia ata a adolescencia, situando ao lector en varias experiencias vitais cotiás como o descubrimento da amizade verdadeira, os medos ou o primeiro amor.
A cita levarase a cabo ás 20.00 horas na Casa da Cultura. O acceso á actividade será libre ata completar a capacidade.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.