Mellora da eficiencia enerxética no sistema de iluminación público de determinadas zonas: A Barcala, Cambre, Polígono do Espírito Santo e O Temple

O Concello de Cambre executou o proxecto de mellora da eficiencia enerxética na iluminación pública de determinadas zonas: A Barcala, Cambre, Polígono do Espírito Santo e O Temple.

O investimento total do proxecto foi de 1.850.775,91 €. Do total, 1.480.620,71 € procederon dunha axuda xestionada polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE).

Trátase dun proxecto acollido á liña de axudas a proxectos de Economía baixa en Carbono, promovidos por Entidades Locais, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e xestionada polo IDAE, co obxectivo de conseguir unha economía máis limpa e sostible.