Metamorfose consegue o quinto posto na clasificación de mellores murais do mes de agosto

15 Set 2023

Metamorfose, a obra que Ricardo Romero pintou no lugar de Castrobó, conseguiu a quinta posición na clasificación de mellores murais de agosto de Street Art Cities. A obra de Romero fora seleccionada entre unhas 100 propostas e competía con outras 24 para alzarse co título.

A creación do artista portugués optou a este recoñecemento despois de lograr o voto do público nas redes sociais da plataforma, que selecciona cada mes algúns dos mellores murais grazas aos street art hunters (cazadores de arte urbana).

O alcalde, Óscar García Patiño, sinala “o enorme orgullo que supón que Cambre posiciónese a nivel internacional dentro do mundo do muralismo grazas ao talento e traballo de artistas como Ricardo Romero”. O concelleiro de Cultura, David Saborido, apuntou, ademais, o mérito que ten alcanzar esta posición: “a creación de Romero foi seleccionada entre cen obras, todas elas dun elevado nivel”.

Nomeamentos

Este non é o primeiro nomeamento que Cambre recibe por parte de Street Art Cities. O talento de Mon Devane (Fendetestas) e Huariu (Enraizado no presente) supuxeron dous nomeamentos nos meses de xullo e agosto, respectivamente. Ademais, ambos os murais optaron a converterse no mellor do mundo no 2022.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.