Multa de ata 750 euros por non recoller os excrementos do seu can da vía pública 

4 Abr 2023

A Policía Local ha localizado e denunciado a un infractor da ordenanza de limpeza viaria e ornato público. Os feitos producíronse, onte, na rúa Pumar Méndez, en plena capital municipal. Esta infracción podería carrexar unha sanción de ata 750 euros.

Un axente municipal viu a dous mozos paseando a varios cans. Un dos cans, un pastor alemán, realizou as súas deposicións na beirarrúa. Ante a presenza do axente, o mozo fixo ademán de recoller os excrementos. Con todo, cando o policía decidiu dar a volta para comprobar se os donos retiraran as feces do animal, puido comprobar que estas seguían na rúa e que os mozos seguiran o seu camiño cara á Patiña. O policía interceptounos uns 50 metros máis adiante, identificándoos e informándolles de que serían denunciados por unha infracción na normativa municipal.

Estes feitos están tipificados como unha infracción leve na ordenanza reguladora de limpeza viaria e ornato público, e poderían carrexar unha sanción de ata 750 euros.

Nun principio identificouse ao mozo como o propietario dos cans, requiríndolle para que presentase a documentación en comisaría. Con todo, o mozo recoñeceu que os animais eran dun familiar, concedéndoselle un prazo de sete días para que presentase a cartilla sanitaria e o microchip do can.

Ordenanza

O Concello modificou a ordenanza de limpeza viaria e ornato público en xuño de 2020. Este cambio implicou a introdución de importantes novidades que afectan os donos de animais domésticos. Desde a súa aprobación, as persoas propietarias están obrigadas a portar unha botella con auga ou un desinfectante homologado para disolver as miccións dos cans na vía pública. A maiores, terán que levar consigo unha bolsa para recoller os excrementos dos cans.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.