Novo Canal de Whatsapp do Concello de Cambre

Concello de Cambre pon á disposición dos veciños e veciñas do municipio unha nova vía de comunicación a través do WhatsApp.

Con este servizo, a cidadanía recibirá información de interese por parte do Concello, como avisos de relevancia, comunicación de cortes de subministración, convocatorias, etc. Pola súa banda, os usuarios e usuarias poderán remitir consultas, propostas e incidencias ao Concello.

Para empezar a wasapear co Concello, os cambreses e cambresas poderán engadir o número 644 44 05 85 á súa lista de contactos e escribir ‘Ola’ no chat. Así mesmo, poderán facer o propio nesta páxina.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.