Novo prazo de inscrición das actividades socioculturais de proximidade

18 Out 2022

Informámosvos de que abrimos un novo prazo de presentación de solicitudes para as actividades socioculturais de proximidade debido á modificación do horario dunha das propostas.
 
Trátase da de meditación no local social de Bribes, que pasará a levarse a cabo os martes, de 19.00 a 20.00 horas.
 
As persoas interesadas poderán anotarse ata o venres, 21 de outubro.
 
En caso de que queden prazas dispoñibles, o período de inscrición manterase aberto. As prazas adxudicaranse por orde de entrada.

As persoas interesadas poderán tramitar a súa inscrición presentando o formulario de solicitude e o resto de documentación necesaria pola sede electrónica do Concello de Cambre ou de forma presencial en calquera dos rexistros de entrada (neste caso, deberán solicitar cita previa).

Ficha de inscrición

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.