O alcalde confía en elevar o PXOM de Cambre para a súa aprobación inicial o próximo mes

20 Out 2022

A aprobación inicial da primeiro PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) do Concello de Cambre podería producirse o próximo mes. Así o confirmou o alcalde, Óscar García Patiño, indicando, ademais, que a intención é “celebrar, de xeito previo, unha reunión informativa cos voceiros e voceiras de todos os grupos da corporación e coa empresa redactora do documento para resolver calquera dúbida que poidan ter”. Unha vez que se manteña este encontro, a previsión é celebrar un pleno con carácter extraordinario para aprobar o documento.

O rexedor cualificou o PXOM como «o documento máis importante do Concello, na medida en que permitirá seguir estimulando o crecemendo do noso municipio”. Como apuntou García Patiño, para a súa elevación a pleno faltaría, unicamente, o informe dos departamentos de Secretaría e Intervención.

Mobilidad e transporte

Como indicou o alcalde, o PXOM recolle numerosas melloras en materia de transportes e mobilidade. Por unha banda, o Concello aposta polo tren de proximidade como un medio alternativo ao coche para vertebrar e conectar a área metropolitana e mesmo para achegar o municipio á cidade de Ferrol. Polo outro, o documento reflicte novas infraestruturas viarias que buscarán tamén mellorar a conexión entre Cambre e o resto de municipios da comarca. Entre elas, o Plan Xeral expón unha Vía Ártabra con conexión coa AP-9 e a A-6.

Compromiso ambiental

O rexedor avanzou que o PXOM de Cambre reflectirá o compromiso do equipo de goberno “coa preservación e o coidado do medio ambiente”. Desta forma, García Patiño sinalou que se poñerá en valor o patrimonio fluvial do municipio: non só en río Mero, senón tamén o Valiñas, Brexo, Gándara, San Benito, San Pedro e San Marcos. No documento buscarase garantir a integración dos elementos da estrutura forestal, preservar as áreas de valor ecolóxico, protexer os espazos naturais, garantir a conexión ecolóxica e favorecer o aproveitamento da natureza e das paisaxes. Isto é, o plan xeral contemplará un maior número de parques e itinerarios ambientais que dean servizo, non só aos veciños e veciñas de Cambre, senón tamén aos dos concellos limítrofes.

Previsión de vivendas

No tocante á vivenda, a previsión é construír unhas 5.000 nos próximos 30 anos. Así mesmo, o PXOM servirá para reafirmar que Cambre é unha peza esencial no desenvolvemento da área metropolitana. O documento potenciará a Vila de Cambre como nodo de servizos e buscará converter o eixo A Barcala-O Temple- O Graxal nun centro urbano e de actividade comercial e terciaria da área. Outra das premisas é ampliar o polígono do Espírito Santo para convertelo nun centro de actividade empresarial polas súas excelentes calidades de accesibilidade e pola súa posición estratéxica.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.