O alcalde solicita á Deputación que complete as beirarrúas na zona da rotonda da Rocha

16 Out 2023

O alcalde, Óscar García Patiño, remitiu, esta mañá, un escrito á Deputación da Coruña para reiterar unha importante solicitude en materia de seguridade viaria: a creación das beirarrúas no quilómetro 3 da DP-1702, na contorna da glorieta da Rocha. Trátase dunha reivindicación que o rexedor xa trasladara no seu momento e coa que se garantiría o reforzo da seguridade e accesibilidade nesta zona.

Na actualidade, existen beirarrúas en toda a zona da rotonda excepto neste punto da estrada provincial, onde non hai senda peonil en ningunha das dúas marxes da vía.

A execución destas beirarrúas reforzaría as condicións de seguridade para os peóns que acceden á N-550 desde o lugar da Cabana. Neste lugar rexístrase tráfico abundante e, ademais, hai pouca visibilidade debido a que está en curva. Trátase, como explica o alcalde, dunha petición “trasladada tamén pola propia veciñanza, que pide solucións para reforzar a seguridade neste punto”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.