O Apalpador percorrerá todas as parroquias para coñecer aos máis pequenos

11 Dec 2023

O Apalpador volverá percorrer todas as parroquias para coñecer aos nenos e nenas, presentarse e contarlles a súa historia. O Concello organiza un programa de visitas con esta persoaxe que comezará o sábado, 16 de decembro, e se prolongará ata o día 29. Nesas, fará parada nos seguintes lugares: San Lourenzo, Cambre, Andeiro, Cecebre, Sigrás, Anceis, Cela, Pravio, Bribes, O Temple, Santa María de Vigo, A Barcala, Brexo-Lema e Meixigo. O concelleiro de Cultura, David Saborido, anima ás familias a participar nas distintas visitas, “coas que seguimos poñendo en valor a nosa cultura e tradición, en xeral, e a figura do Apalpador, en particular”. O calendario do Apalpador será o seguinte:
  • 16 de decembro
Local social de San Lourenzo (17.00 horas) Local da Terceira Idade de Cambre (18.15 horas)
  • 22 de decembro
Local social de Andeiro (17.00 horas) Local social do Apeadeiro de Cecebre (18.15 horas)
  • 23 de decembro
Local social do Souto, Sigrás (17.00 horas) Local social da Rocha, Anceis (18.15 horas)
  • 26 de decembro
Local social de Cela (17.00 horas) Local social de Pravio (18.15 horas)
  • 27 de decembro
Local social da Riveiriña, Bribes (17.00 horas) Casa de la Cultura Vila Concepción, O Temple (18.15 horas)
  • 28 de decembro
Local social de Santa María de Vigo (17.00 horas) Local sociocultural da Barcala (18.15 horas)
  • 29 de decembro
Local social de Brexo-Lema (17.00 horas) Casa do Pobo de Meixigo (18.15 horas) A entrada será libre ata completar aforo. Os nenos e nenas menores de 7 anos deberán estar acompañados por un adulto.

Tamén che pode interesar

Entroido Pequeno 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro O Concello de Cambre celebrará o Entroido...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.