O Campus Javi Muñoz regresa a Cambre para inculcar aos mozos a paixón polo baloncesto

20 Xuñ 2023

Cambre repetirá, este verán, como sede do Campus Javi Muñoz. O programa, organizado polo Club Baloncesto Cambre e o Xuncas Diversia (Lugo) en colaboración co Concello, busca achegar os valores do baloncesto aos máis novos. O alcalde, Óscar García Patiño, o concelleiro, Daniel Mallo, o director deportivo do campus, Javier Muñoz, o director técnico, Fernando Díaz, o manager xeral, Anxo Nadela (un cargo que comparte xunto a Carlos Pascual), e o secretario do CB Cambre, Marcos Prieto Souto, presentaron, esta mañá, o programa.

Na presentación, o rexedor destacou o “orgullo” de que Cambre volva ser epicentro do baloncesto, acollendo “unha nova edición do campus tras o éxito da pasada convocatoria”. Así mesmo, García Patiño agradeceu “o importante labor que realizan desde o Club Baloncesto Cambre para ensinar e achegar esta práctica deportiva aos máis novos”.

Pola súa banda, Javier Muñoz agradeceu a colaboración e o apoio do alcalde e o edil, así como de todo o Concello, unha cooperación que fará posible “vivir uns días emocionantes nos que esperamos que os participantes do campus se divirtan aprendendo técnicas e tamén os valores que ten o deporte, en xeral, e o baloncesto en particular”. Desde o Xuncas apuntan, ademais, o enorme interese que a iniciativa suscitou entre os máis novos, algo que se demostrou no “aumento do número de participantes que, nesta ocasión, chegará ata o centenar de usuarios e usuarias”.

O Campus Javi Muñoz celebrarase entre o 15 e o 23 de xullo e está dirixido a mozos nados entre os anos 2006 e 2012. Os adestramentos realizaranse nos pavillóns do Graxal, no Bernardo Bish de Brexo-Lema, no Sofía Toro e no de Anceis.

Unha experiencia completa
O grupo de traballo do campus estará conformado por un preparador físico, por un asistente técnico sanitario, por un fisioterapeuta e por monitores especializados en actividades de tempo libre. Máis aló dos adestramentos, o campus ofrecerá tamén propostas de lecer. Ao longo da experiencia, as persoas participantes poderán realizar saídas e outras actividades complementarias.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.