O Certame Literario Xoán Díaz dá a coñecer ás novas promesas da literatura

20 Mai 2023

As novas promesas da literatura déronse a coñecer, esta mañá, no IES David Buján. O instituto acolleu a entrega de premios do Certame Xoán Díaz, un galardón que o David Buján organiza xunto co IES Afonso X O Sabio e o Concello de Cambre.

Os recoñecementos entregáronse nas categorías de poesía, narración e microteatro e, máis aló, dos recibidos polo propio alumnado dos institutos de Cambre, os galardóns recaeron noutros centros da xeografía galega. A relación de premiados é a que, a continuación, se expón:

Poesía:

Categoría A (de 12 a 14 anos)

2º premio: Jairo Cadaveira Sanjurjo pola obra Os meus pensamentos (IES David Buján)

Categoría B (de 15 a 18 anos)

1º premio: Natalia Naya López pola obra Poemas no crepúsculo (IES Afonso X O Sabio)

2º premio: Uxía Seoane Duro pola obra Ansiedade. Depresión. Medo (IES nº. 1 A Estrada)

Categoría C (de 19 a 26 anos)

1º premio: Branca Trigo Cabaleiro pola obra Impacta un ser pequeno

2º premio: Laura Sánchez Castro pola obra Nós

Narración:

Categoría A (de 12 a 14 anos)

1º premio: Sabela Vázquez Castro pola obra Sen a luz súa (IES do Castro, Vigo)

Categoría B (de 15 a 18 anos)

1º premio: Elena Sierra Balseiro pola obra Blut und Ehre (IES Eduardo Blanco Amor, Culleredo)

2º premio: Mencía Jorge Cabaleiro pola obra Unha estrela fugaz (IES Castelao, Vigo)

Categoría C (de 19 a 26 anos)

1º premio: Manuel Rancaño Míguez pola obra Invernego

2º premio: Fabio Rivas Pardo pola obra Tripas corazón

Accésit a Uxía Vázquez Suárez pola obra Au revoir compañeiro

Microteatro:

Categoría B (de 15 a 18 anos)

1º premio: Pablo Seco Zabala pola obra Cuñadismo na taberna (Colexio Internacional Eirís)

2º premio: Ana Inmaculada Vázquez García pola obra O mundo antigo contra Mackenzie (Colexio Internacional Eirís)

Categoría C (de 19 a 26 anos)

1º premio: Pedro Rodríguez Villar pola obra Sete buratos

2º premio: Laura Sánchez Castro pola obra Ascensión

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.