O cinema será o gran protagonista da programación de Casa Palmeiras durante o mes de abril

31 Mar 2025

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre prepárase para vivir un abril de película. O cinema será o gran protagonista da programación do mes en Casa Palmeiras, que incluirá proxeccións, maratón de películas e mesmo charlas-coloquio para que os mozos poidan reflexionar sobre cada obra.

O calendario de propostas arrincará este venres, 4 de abril, ás 18.00 horas. Trátase dunha xornada esencial e que marcará a actividade durante o resto de días xa que os mozos terán a oportunidade de decidir que películas queren ver. A intención é que a oferta final inclúa películas en galego, de animación e tamén algunha proposta de cinema mudo.

As películas que escollan proxectaranse os días 11 e 25 de abril (de 18.00 a 20.00 horas) e os días 14, 15 e 16, cando a OMIX celebrará un auténtico maratón para cinéfilos. Isto levarase a cabo tanto en horario de mañá como de tarde, de 12.00 a 13.30 horas e de 18.00 a 19.30 horas.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través do seguinte formulario web:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfCFtLqI1QOJThxt0yrMiwKoc6EBLts6LaRgg-DaHM06cEvbQ/viewform?usp=send_form

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.