O Club Baloncesto Cambre disputará este sábado a fase final de ascenso á Liga EBA

13 Abr 2023

O Club Baloncesto Cambre disputará, esta fin de semana, a fase final de ascenso á liga EBA. Na súa tempada de regreso á máxima división de baloncesto masculino, o primeiro equipo do CBC (1ª División Sénior Masculina) volverá competir para facerse oco na seguinte categoría, de ámbito nacional.

A fase terá lugar no pavillón de Culleredo coa celebración de dous encontros nos que se definirá que dous equipos ascenden á liga EBA e cal se proclama campión da competición. O primeiro será ás 10.00 horas e, no mesmo, enfrontaranse o Club Baloncesto Cambre e o Sigaltec Vilagarcía. A semifinal xogarase ás 17.00 horas entre o equipo gañador do partido anterior e o Estudantes Lugo.

Desde o Club Baloncesto Cambre animan a todos os veciños e veciñas a achegarse á instalación cullerdense para gozar de ambos os partidos. O equipo espera “sentir o apoio de toda a afección cambresa para conseguir o pase á semifinais e para acadar o mellor dos resultados”.

Tamén che pode interesar

Entroido Pequeno 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro O Concello de Cambre celebrará o Entroido...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.