O Club Béisbol e Sófbol Cambre inundará as redes sociais de mensaxes a favor da igualdade

27 Out 2023

Inundar as redes con mensaxes sobre a igualdade e en contra da violencia de xénero. Ese é o obxetcivo que o Club Béisbol e Sófbol Cambre se marcou para a súa campaña anual polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A Casa da Cultura Vila Concepción acolleu, onte, a presentación oficial da iniciativa, na que tomaron parte a concelleira de Deportes, Ana Rodríguez, a concelleira de Benestar Social, Mary Mer Prieto, o presidente do CBS Cambre, Jhonny Pérez Terán, e a secretaria do club, María Fernanda Jóver.

Como novidade con respecto aos últimos anos, tal e como avanzou a secretaria do CBS, “a campaña ampliouse con respecto aos últimos anos, e estará activa durante todo o mes de novembro”. Esta constará de varias actividades. Por un lado, utilizaranse as redes sociais do club (Facebook, Twitter e Instagram) para publicar numerosos mensaxes de concienciación a favor da igualdade e en contra da violencia machista. O obxectivo, como explicou o presidente, “é chegar ao maior número de persoas posible, abarcando a veciños e veciñas de todas as idades”.

Como parte do programa polo 25N, o Club celebrará dúas citas deportivas: o Torneo a favor da loita pola tolerancia e non violencia de xénero e o Torneo a favor da Igualdade entre Homes e Mulleres. O primeiro terá lugar o sábado, 18 de novembro, e en el participarán equipos de alevín-infantil do CBS Cambre, do Club Lume (Lugo) e do Club Os Tilos (Teo). O segundo evento terá lugar o propio sábado, 25 de novembro, e contará coa participación do CBS Cambre A, Cambre B e Cambre C. Ambas citas levaranse a cabo no pavillón do Temple. A maiores, a entidade preparou tamén unhas chapas conmemorativas co mensaxe Tod@s somos béisbol y sófbol.

Durante a súa intervención, a concelleira de Deportes agradeceu o traballo que realizou “e continúa realizando o CBS Cambre a prol da igualdade”. Na mesma liña, a edil de Benestar Social sinalou que este tipo de iniciativas continúan sendo “necesarias para promover unha igualdade real entre homes e mulleres, tamén no eido deportivo”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.