O Club Ciclista reunirá preto de 400 participantes na súa XIV Ciclocross Concello de Cambre- Campionato de Galicia 2024

29 Dec 2023

O Club Ciclista Cambre reunirá preto de 400 participantes na súa XIV Ciclocross Concello de Cambre – Campionato de Galicia 2024, que se desputará o domingo, 7 de xaneiro, nas inmediacións do campo de fútbol Dani Mallo. O Concello acolleu, esta mañá, a presentación oficial da proba, na que estiveron presentes a concelleira de Deportes, Ana Rodríguez, o concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, o presidente do Club, Juan Carlos Candal, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

Desde o club apuntan que o Ciclocross é unha das probas máis importantes do ano. Tanto é así, que de ela sairán os campións galegos de cada categoría. A competición desputarase desde as 9.30 horas e, ao longo da mañá, os participantes competirán divididos nas seguintes categorías: cadete, junior, sub-23, élite, máster 30, máster 40, máster 50 e máster 60. A maiores, Cambre acollerá, por primeira vez, unha carreira de inclusión na que poderán tomar parte persoas con discapacidade física ou psíquica. En total, enfrontaranse a un percorrido duns 2,8 quilómetros e cun nivel alto de esixencia, tal e como recoñecen desde o Club Ciclista.

Nesta edición, a proba congregará a participantes procedentes de toda a xeografía galega e incluso de fóra de Galicia. Así, haberá competidores de Asturias e de Castela e León.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.